Sementeira e Memoria: Represalia e desagravio dun médico lucense

La siguiente es parte de la reseña que publica el diario El Progreso de esta obra:

“Un bo día de 1986, o médico e investigador da Universidade Nacional Autónoma de México José Luís Díaz Gómez atopou na casa dos seus antepasados, en San Xoán de Sirgueiros (O Incio), unha nota que marcaría o seu destino. O conciso documento dicía: «O 11 de setembro de 1936 matáronme a Manolo os fascistas, de Laiosa ao Incio». O seu autor era Juan Díaz Mendoza, Papá Juanito, avó de José Luís Díaz e patriarca da casa O Castelo de Sirgueiros, quen mostraba así a súa dor pola morte do seu primoxénito. A vítima non era outra que o republicano Manuel Díaz González, coñecido como ‘O pequeniño do Incio’ e ‘O médico dos pobres’, quen tamén foi alcalde deste municipio e deputado provincial.

Aquel vello manuscrito foi o estímulo decisivo para a elaboración dun amplo traballo de investigación sobre a vida e a morte de Manuel Díaz cuxo resultado se recolle no libro ‘Sementeira e memoria. Represalia e desagravio dun médico lucense republicano’, que acaba de ver a luz dentro da série Documentos de Edicións do Castro.

Nesta obra, José Luís Díaz desglosa a figura do seu tío Manolo, nacido no Incio en 1886, falecido violentamente na estrada de Laiosa á Cruz tras ser ‘paseado’ atado a un cabalo, e enterrado nunha improvisada foxa próxima ao cemiterio municipal.”

Díaz, J.L. (2009): Sementeira e Memoria: Represalia e desagravio dun médico lucense republicano. Santiago de Compostela, España: Ediciós do Castro, 112 pp. ISBN: 978-84-8485-302-2.

Bookmark the permalink.

Comments are closed.